top of page

PANORAMA ACTUAL

Innovación e tradición son os pasos a seguir polos productores de hidromel que temos en Galicia. Grazas ao seu traballo, esta bebida milenaria está recuperando o lugar que lle pertence

Anchor 1

O mel é unha materia prima moi prezada. O mel galego, en concreto, é de moita calidade, pero tamén ten un prezo alto. Os apicultores da nosa comunidade defenden que é algo totalmente xustificado e mesmo que debería ser máis caro aínda. 

Galicia ten unha produción moi artesanal e tradicional. É un produto moi ligado ao territorio, á climatoloxía, ás flores… e a súa recollida ten bastante complicación, de aí o termo recorrentemente utilizado “apicultura heroica”.

 

 

 

 

 

 

 

Nos últimos anos, houbo varios problemas que obstaculizaron a produción de mel en Galicia. A climatoloxía, dende hai anos, é desfavorable; as choivas excesivas e as sequías arruínan as colmeas. Durante a choiva as abellas non poden saír a polinizar, e, cando hai sequía, as flores reservan o néctar para sobrevivir e as abellas teñen menos materia prima para crear o mel.

A velutina, aínda que sexa unha ameaza moi coñecida, é perigosa para os panais e a vida nas colmeas, pero non para a produción de mel en si. Ademais, hai que loitar contra a varroa, unha das grandes ameazas contra os enxames, e evitar que esta destrúa as corticeiras.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E o feito de que o mel sexa un produto que dependa tanto das circunstancias, sen unha fórmula fixa, fai que cada ano poida saír unha tanda moi diferente de material.

 

Así e todo, a súa demanda segue medrando, independentemente de que a produción se estanque ou poida retroceder. E entre as posibles alternativas para cubrir esa demanda, o hidromel xoga un papel importante.

En Galicia, cada vez máis persoas comezan a elaborar hidromel para o autoconsumo, pero pouco a pouco hai quen tamén decide dar o paso á súa comercialización.

 

 

 

 

Contactamos con dous produtores de hidromel para o autoconsumo. En Coristanco, no Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa, traballa Xosé Lois Pintor. Xosé Lois é profesor de secundaria, e, ademais, oferta obradoiros de hidromel para revalorizar este produto e recuperalo. Inculca aos seus alumnos non só o amor polo rural, senón todas as posibilidades que ofertan negocios como a produción de hidromel para crear novas oportunidades no campo.

 

Deste centro, EFA-Fonteboa, saíu un alumno que, tras rematar os seus estudos, creou unha empresa de mel chamada Melouro. Aarón Pereira, dende Tui, tamén produce hidromel para o autoconsumo. El adícase fundamentalmente ao mel, pero, nos seus principios con Melouro, experimentou con varios produtos derivados desta materia prima, entre eles o hidromel, aínda que nunca chegou a comercializalo; ve o hidromel como un produto gourmet, que só faría se tivese moito sobrante da súa produción de mel.

 

 

 

 

 

 

 

Aarón anima á xente a traballar con produtos diferenciados, e ofrécese a amosar o seu apiario a quen estea interesado en visitalo. “O que sobra”, di, “é traballo e cousas que ensinar”.

 

O rexurdir do hidromel está producíndose a mans, sobre todo, da xente nova. En Galicia existen varias empresas que se adican á comercialización de hidromel, e na súa meirande parte están lideradas por mozos. É o caso de Gurung, iniciativa de dous rapaces ourensáns, Álvaro Rodríguez e Hugo Pérez, que souberon ver o potencial da bebida e o aproveitan dándolle a súa impronta persoal, alonxada da tradición medieval que rodea o hidromel. 

Irene Outeda, de Hidromiel Fenrir, é outro exemplo de moza emprendedora que na actualidade se atopa póndo en marcha o seu negocio. No seu caso, aposta por manter as orixes e a tradición que rodean a bebida. E o mesmo fai Luis Tilve, de Meiga, que se ben se adica principalmente á venda de cervexas artesanais, tamén oferta hidromel.

 

Todos eles ven as virtudes do hidromel e valoran positivamente o feito de que a xente nova invista nel. Irene Outeda tivo bastantes dificultades á hora de crear Fenrir, sobre todo en 2020 con todos os impedimentos marcados pola COVID-19. Pero, a pesares diso, decidiu lanzarse e levar adiante o negocio. Como di ela mesma, “se non funcionase tería tempo para recuperar as posibles perdas”.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Irene anima á xente nova a invertir no mercado do hidromel porque é un nicho aínda infraexplotado e con máis pros que contras. En Gurung tamén o recomendan a quen queira unirse. As precarias condicións sanitarias do 2020 impediron que o seu negocio se expandise e que puidesen xurdir outros novos; pero, cando toda a incerteza remate, cren que é un bo campo para traballar e que invertir é un acerto.

O hidromel é un produto con múltiples variedades. Esta variedade non se dá só nos sabores; na propia imaxe de marca das empresas vemos diferenzas substanciais. Dous exemplos son Gurung e Meiga. Ambas son empresas galegas e aínda que venden hidromel son moi distintas, o que evidencia a versatilidade desta bebida. 

Na actualidade, a maioría das empresas desta bebida en España teñen nomes relacionados coa mitoloxía e, en concreto, a nórdica. É o que acontece con Meiga. E se miramos, por exemplo, as empresas patrocinadoras e gañadoras da Copa Reina, o concurso de hidromel de España organizado por AESHI (Asociación Española de Hidromiel), podemos ver que moitas empresas seguen esta tendencia: Hidromiel Valhalla, Grendel Hidromiel, Trebaruna Hidromiel ou a propia Fenrir son algúns exemplos. Esta idea de pór o nome en relación coa mitoloxía explícao nunha das súas conferencias AESHI.

 

Como din ao final do fragmento do streaming, non todos se centran nesa idea vikinga. Outras empresas optan por dar unha imaxe máis moderna e limpa, alonxándose do tradicional. Gurung optou por esta vía, comezando polo nome. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O nome Gurung fai referencia a unha tribu dos himalaias coñecida como os “cazadores da mel”. Usar referencias en relación coa mel é algo que tamén fan outras empresas como a anteriormente citada Melouro. 

Pero máis aló desa dialéctica novidade-tradición, todos teñen en común que é a necesidade de que os produtos entren polos ollos. Ambos teñen deseños elaborados e chamativos dentro dos seus ámbitos e públicos obxectivos.

Os deseños elabóranse en función da imaxe de marca e por ende, en función do público obxectivo. As dúas empresas diríxense a segmentos do mercado distintos, aínda tratándose do mesmo produto. Isto demostra que o hidromel é para calquera persoa, indiferentemente dos gustos. 

E é que o hidromel é unha bebida con grandes posibilidades. Case tan amplas que mesmo algúns productores deixan de considerar o hidromel como tal e refirense ó seu producto como “aperitivo”. É o caso de Gurung Aperitivo.

​Sen negar o tipo de bebida que é, esta empresa ourensá pretende darlle unha volta ao seu producto. Nun mercado sen abundancia de productores de hidromel, Gurung diferénciase cunha imaxe oposta á dos seus competidores, e sobre todo, cunha denominación moi distinta.

“Gurung non é un hidromel ao uso. Trátase dun aperitivo, ao modo dos vermús que se adoitan tomar nas comidas no noso país”.

Entendemos esta definición do seu producto como un movemento de distanciamento xa que consideran que "o concepto de hidromel era bastante descoñecido e cargado de malas referencias. As que hai no mercado non son especialmente boas".

Tal é a diferenciación, que o seu hidromel leva laranxa para conseguir uns matices distintos que se acheguen ao sabor que eles desexan.

No momento do seu consumo, o hidromel pódese tomar tanto quente como frío. Os productores da empresa Gurung apuntan que o normal na nosa cultura é que se consuma frío, “sen nada máis”; pero que nos países nórdicos tamén se consume quente, como os “viños quentes”, ou mesmo coa adición dalgunhas especias. O seu producto, que xa non é un hidromel como tal, se non un aperitivo, consúmese con xeo e naranxa.

​Irene Outeda, de Hidromiel Fenrir, estivo investigando sobre as posibilidades do hidromel como producto de acompañamento. Explica que para comer prefire un hidromel con menos cantidade de auga, máis seco e amargo, acompañando moi ben os pescados. O doce “tomaríao máis como picoteo ou para tomar soa, cunha táboa de queixos”. E por completo rexeita os hidromeis gasificados, porque están máis próximos ó viño ou champaña que á bebida que tratamos en sí mesma.

Tamén probou co hidromel como producto de maridaxe, usándoo en cociña, non só para acompañar.

Dende Meiga prefiren o uso dunha mel de castiñeiro, por deixar un sabor máis forte e un recendo máis intenso no momento da apertura da botella. Aporta “notas a madeira e vainilla”. O seu producto é aconsellable para unha sobremesa.

​Luis Tilve destaca que o seu hidromel véndese todo o ano, pero que se consume especialmente no período invernal, porque os consumidores asocian o mel cas capacidades terapéuticas sobre a gorxa. Finalmente, engade que o hidromel non é tan popular, non é tan ben acollido como a cervexa, reducindo así o seu nicho de mercado.

Dende  a mediciña hipocrática xa se falaba das bondades do hidromel, pero co paso do tempo segue esa dúbida de se unha bebida cun alto volume de azúcares como esta pode ser unha bebida saudable, polo menos máis que a xenebra, o viño ou a cervexa.

Dende Gurung apuntan que o seu hidromel é “unha alternativa máis saudable (utiliza moito menos azucre e ingredientes de maior calidade que o vermú), máis suave e cun toque amargo, o que resulta curioso tendo en conta o característico sabor da mel”.

Irene Outeda enumera as bondades saudables da hidromel grazas a ser un producto derivado do mel como, por exemplo, as súas capacidades antioxidantes ou seu alto contido vitamínico.

Luis Tilve, de Corticeira-Meiga, é algo máis cauto á hora de colocar a hidromel como a bebida alcólica máis saudable. Para el, simplemente, “depende”. Dende a súa empresa son completamente opostos ao uso de aditivos nos seus productos, e por iso mesmo parece referirse á pregunta que nos corresponde con moita delicadeza, deixando claro que se, por exemplo, nunha cervexa artesá, non se usan encimas nin aditivos, “estamos falando do mesmo tipo de calidade ecolóxica".

Xose Lois Pintor, profesor na EFA Fonteboa, asegura que dende as súas orixes quixo ir por libre para conseguir o producto máis san e natural: “se a xente facía os métodos científicos contra a varroa, eu buscaba os métodos naturais contra a varroa, para non poñer elementos medicamentosos (no producto final)”. 
Entendendo os tratamentos como un mero trámite para poder comercializar o mel coa que se fai o hidromel, Xose Lois é claro defensor do proceso de producción máis natural posible, dende o elemento productor ata a degustación por parte do consumidor. E pon un exemplo: “no mel convencional, o dos abelleiros, fan tratamentos. Pódesme dicir que esa mel é natural. Non, se non que ten tratamentos medicamentosos, con arreglo á lei e xa está".

Máis aló de se o hidromel é saudable, un factor importante é o seu sabor. As variedades poden chegar a ser infinitas, máis hai algunhas máis consolidadas. 

 

QUE SABOR PREFIREN OS PRODUCTORES GALEGOS?

 

Gurung: “O que queriamos conseguir (co seu hidromel) é o propio dulzor do mel, os matices da flor de sabugueiro ou algúns cítricos que se empregan na maceración, co carácter amargo das especias”.

 

Sabemos que o hidromel non é tan coñecido, entre outras causas, pola dificultade de crear unha botella de hidromel similar á anterior. Pero a pesares disto, Hidromel Fenrir atopa aquí unha característica a favor da bebida. A súa capacidade para ser maleable e amosar matices tan distintos é unha oportunidade para abrir mercado e que o consumidor poida atopar a hidromel que desexa. Dende Gurung lembran que os productores ofrecían sabores que a eles non lles gustaban, pero Irene Outeda pensa que a multiplicidade de sabores é unha característica positiva.

​Aarón Pereira é moi claro: “se che gusta, o hidromel vai con todo”. Moi ao seu pesar (e tamén ao do consumidor), o hidromel é un producto caro. Engade que “non é unha cousa que sacie. Isto é como o licor café, unha copa pide outra”.

Queda por coñecer se é un producto que nos pode provocar algún mal despois dunha inxesta innecesaria, é dicir, que poida ocasionar unha resaca, pois adoita ter un contido de alcol elevado.

Irene Outeda, de Hidromel Fenrir, relaciona as capacidades do hidromel cas do whisky, no sentido de que só produce resaca se unha persoa inxire altas cantidades. “Non che vou asegurar que, se te tomas 10 litros nunha noite, te vas levantar (ben)”.

E engade incluso que, no caso de sufrir de resaca, o hidromel mesmo pode axudar.

​Pero Aarón Pereira é taxante. Non comparte esta idea. Puntualiza asegurando que todo depende de cada persoa, e das cantidades que se inxiran, ademáis do hidromel que se tome. Se é máis doce e ten menos graduación, pódese “beber como auga”. Pero deixa claro que é como calquera outra bebida, depende da súa graduación.

Anchor 2

Sabías que? Préme se queres descubrir unha nova curiosidade

Infografía. Ameazas á produción de mel

Presentación interactiva. Préme para coñecer aos produtores de hidromel galegos!

A Comunidade Autónoma de Galicia non dispón dunha lexislación específica que regule a produción de hidromel nin a creación de empresas que elaboren este produto. De feito, tampouco hai unha normativa a nivel estatal. O feito de que a hidromel sexa aínda un produto con escasa presenza e consumo no noso país explica esta carencia; non existe unha necesidade forte de regulamentala. 

 

Esta situación dificulta a posta en marcha da comercialización de hidromel por parte dos interesados ao non haber unha guía que indique que hai que facer para montar o negocio. Coñecemos de primeira man a historia de Irene Outeda (Hidromiel Fenrir). Ela mesma puña de manifesto as trabas derivadas da ausencia de lexislación coas que se atopou á hora de emprender neste sector.

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta carencia leva aos produtores de hidromel a facer uso de lexislacións similares como poden ser a do viño ou a da cervexa, que loxicamente non se adaptan ao completo ás especificacións do hidromel.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Con todo, este “baleiro legal” pode aproveitarse para innovar, ao non ter que seguir unhas pautas estritas de elaboración e cumprimento de requisitos determinados. É o que expresan os mozos de Gurung Aperitivo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Que o hidromel non estea regulado tamén repercute no acceso ás subvencións que poidan aliviar parte dos custos que supón monter unha empresa. E é que a inversión destinada a pór en funcionamento unha empresa (material, formación, traballadores se os hai, local) é outro dos factores que o poden dificultar. Irene relata a súa experiencia:

 

 

 

 

 

 

 

 

E aínda hai máis. Unha vez se teñen os cartos para montar a empresa, hai que mantela. Luis Tilve, de Meiga, ten máis experiencia no sector e asesta unha dose de realismo:

Para sufragar os gastos, tendo en conta que estamos ante unha bebida elaborada con mel, cabe a posibilidade de que os fabricantes poidan beneficiarse das axudas á apicultura, sempre e cando teñan a súa propia explotación apícola; isto é, que para a preparación de hidromel utilicen mel obtido das súas propias colmeas.

Este escenario non se dá sempre, pero é a única maneira de recibir un apoio económico do campo apícola. Fronte a isto, algúns fabricantes manifestan a necesidade de percibir axudas atendendo ás fluctuacións de prezo da mel, que poden afectar directamente ao custe dos produtos elaborados con ela. 

 

Por outra banda, outra opción que teñen os comerciantes é optar aos programas de axudas para pymes, en tanto que as empresas se adaptan en xeral aos seus requisitos, e ás subvencións e premios ofertados para novos emprendedores. De feito, Gurung levou o galardón á Mellor Iniciativa Emprendedora do ano 2018, outorgado pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense (AJE Ourense).

 

Pero aínda que as subvencións son un factor significante para o apoio das empresas, no que insisten moitos hidromeleiros é no feito de que non se debe depender delas. O sector do hidromel ten a particularidade de ser, en grande medida, vocacional, tendo en conta a popularidade, aínda baixa, que ten no noso país. Polo tanto á hora de pór en marcha un proxecto as prestacións económicas por parte de axentes externos non son no primeiro que se pensa, algo no que insisten Xosé Lois Pintor e Gurung Aperitivo.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cómpre pór de relevo que máis alá dos custes económicos, están os custes en materia de tempo invertido. O hidromel é unha bebida fermentada e iso conleva un tempo de espera ata que o produto estea listo para o consumo, que pode extenderse desde un par de meses ata os dous anos para que estea en condicións óptimas. Faise entón necesario pensar en estratexias para incrementar a eficiencia. Xosé Lois e o seu antigo alumno, Aarón Pereira, abordan esta cuestión.

 

​​

Outra das trabas que dificultan a difusión do hidromel na nosa comunidade é a falta dun movemento asociativo entre os fabricantes que traballe en conxunto no plantexamento de estratexias para a súa valorización.

 

En Europa existe un movemento asociativo, o European Mead Makers, que anualmente ofrece unha conferencia adicada a valorar as posibilidades do hidromel onde participan hidromeleiros de todo o continente.

Desde o ano 2017, tamén se organiza unha conferencia a nivel internacional, a MEADCON, promovida pola American Mead Makers Association. As conferencias, xunto con certames e premios son estratexias que se mostran efectivas para a difusión do hidromel.

 

A nivel español existe a Asociación Española de Hidromiel (AESHI), que ademais organizan eventos de múltiples temáticas abertos á poboación sobre o hidromel, e que mesmo promoven un certame anual, a Copa Reina, onde participan hidromeleiros de distintos países do mundo. 

En Galicia non se plantexa polo de agora unha organización destas características, pero si que se traballa nunha asociación de cervexeiros artesáns que poida acoller baixo o seu paraugas o hidromel. A produtora de cervexa e hidromel Meiga é unha das que colaboran na súa formación; un dos seus propietarios, Luis Tilve, amosa seguridade cando afirma que dita asociación podería axudar a potenciar o produto. Confírmao Irene Outeda, de Fenrir: “hai máis cervexeiros que hidromeleiros actualmente no mercado, e meter a hidromel nun grupo de cervexa, ao existir a posibilidade de facer hidromeles lupuladas, vai ser un mercado que se pode abarcar ben e daralle a visibilización que necesita”.

 

Por outra banda, a competencia entre empresas podería ser outra estratexia para promocionar a hidromel. En liñas xerais os fabricantes considerarían o incremento de empresas destinadas á produción de hidromel coma unha oportunidade de dar a coñecer a bebida, ao aumentar a produción e diversificarse as opcións de sabores dispoñibles para o público. De feito, o sabor é unha característica clave no recoñecemento da hidromel, xa que existen multitude de variedades. O consumidor, cantas máis produtoras haxa, máis posibilidades terá de atopar aquela hidromel que satisfaga o seu padal. Irene Outeda teno claro.

 

 

 

 

 

 

 

 

Cabe destacar a posibilidade de cooperar á súa vez con Mel de Galicia, que conta coa Indicación Xeográfica Protexida outorgada pola comisión europea. Elaborar unha hidromel con mel de Galicia exclusivamente pode aumentar o seu prestixio, xa que abriría a posibilidade de pór un selo na botella que certifique o seu uso, co consecuente aval de orixe e calidade que posúe este produto. Existen exemplos doutras bebidas que utilizaron esta estratexia. No 2019, Estrella Galicia elaborou unha cervexa especial con mel de Galicia.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outras colaboracións que se valoran entre os produtores galegos son con chefs e mesmo con influencers. Para aumentar o mercado, cómpre conseguir un oco tamén na hostelería e outros puntos de venda como son os supermercados. É algo no que tanto Gurung coma Xosé Lois coinciden.

Infografía. Diferenzas entre o viño e o hidromel

Sabías que? Descubre unha nova curiosidade!

Luis Tilve: "Canto máis ecolóxica sexa a materia prima, máis natural vai ser o produto"

Irene Outeda: "Estamos empregando a lexislación do viño"

New Video

New Video

Play Video

Infografía interactiva. Préme para coñecer os tipos de hidromeles

New Video

New Video

Play Video

Imaxe interactiva. Diferenzas no estilo das botellas de hidromel

QUERES CONTINUAR?

Selecciona o seguinte bloque ao que queres ir

pexels-cottonbro-4068312.jpg

Retrospectiva

Considerada coma a primeira bebida alcólica, o hidromel ten un sinfín de connotacións históricas que fan deste un producto especial, pero tamén un dos grandes descoñecidos da nosa sociedade

pexels-cottonbro-5530255.jpg

Panorama Actual 

Innovación e tradición son os pasos a seguir polos productores de hidromel que temos en Galicia. Grazas ao seu traballo, esta bebida milenaria está recuperando o lugar que lle pertence

pexels-juliana-stein-2198400.jpg

Visión de Futuro

Descoñecemento por parte do consumidor, falta de lexislación, problemas ambientais... Moitos son os problemas que dificultan a estabilidade do hidromel no mundo, pero o traballo dos productores e das distintas asociacións está conseguindo, nos últimos anos, grandes avances na visibilidade deste produto

©2020 Regueiro Dourado. O gran descoñecido.

bottom of page